202
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tismo lingüístico, ten orixe tamén gálica (Bergounioux 1994: 14), pero na súa recepción en Galicia debeu de contar poderosamente o eco que suscitara previamente en Portugal, o cal non deixa de ser, visto desde hoxe, sorprendente. Por outra banda, e á luz do que acabamos de dicir, hai que ter en conta que cando Murguía comeza a adoptalas teorías celtistas, o novo paradigma que se está a impor na lingüística, a gramática históricocomparada (no campo das linguas románicas, a Romanística), aínda que plenamente triunfante na Universidade alemana, está no resto de Europa en pleno combate cos paradigmas de coñecemento anteriores. Máis en concreto, a nova concepción 'científica' da lingüística histórica, que na póla dos idiomas románicos viña apoiar plenamente o partido 'latino', achábase en media Europa en plena loita coas concepcións anticuadas, ou mesmo a penas comezaba a socavalos alicerces destas: en Francia, os celtómanos aínda na metade do século competían pola hexemonía no campo lingüístico (Bergounioux 1994: 55), e en España a nova lingüística segue a ser practicamente descoñecida ata as últimas décadas do século. En Portugal, que acolleu antes do que España as novas concepcións, a obra que se pode considerar inaugural da lingüística históricocomparada, A Lingua Portug u e z a, de Adolpho Coelho (o introductor da disciplina no país veciño), aparecida en 1868, vai precedida dun prefacio que ten como principal obxectivo refutalos erros da celtomanía que facía estragos no país veciño:
Entre as escholas philologicas que surgiram no seculo passado houve uma, cujos germens poderiam irse buscar mais atras, que parece ter ganhado vantagens em popularidade sobre as suas irmãs: foi a que olhava o celtico, ou antes um ou outro de seus actuaes dialectos, como a origem de todas ou quase todas as linguas (Coelho 1868: xixii).
Precisamente, un dos principais albos da crítica de Coelho é Francisco de S. Luiz e a súa M e m o r i a, texto este que Murguía cita como autoridade para estealas súas afirmacións. Igualmente, dezanove anos máis tarde, a primeira gran figura da lingüística moderna en Portugal, José Leite de Vasconcellos, no traballo que se pode considerar que certifica a maioría de idade da nova disciplina académica en Portugal, ?A filologia portuguesa?, dá noticia da voga que tivera o celtismo no seu país e das polémicas a que dera lugar contra a metade do século (Vasconcellos 1888). Se volvémola ollada para o centro de España,