BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Xosé María Álvarez Blázquez no Día das Letras Galegas
dicíase: ?Co presente título a colección acada o número 50 (...) Medio cento de títulos, cun total até o momento de 106 edicións, expresan sen lugar a dubida a cálido favor que o público nos veu prestando ao longo destes oito anos e medio?. Velaquí, pois, a obra dun precursor. A edición galega de hoxe, asentada nunha realidade ben distinta, ten na súa persoa, no seu saber e no seu esforzo un referente impagable. Louvor e admiración a don Xosé María, o noso editor. Louvor e gabanza aos que fixeron posible o milagre que agora somos. Beizóns infinitas para o empaquetador, o distribuidor, o axitador, o descubridor de tesouros, sementador da esperanza, da que nos sentimos continuadores, capitán da intelixencia, obreiro da memoria e da palabra, dende a humildade e a constancia, cuxo exemplo chega a nós, patrimonio que debemos saber administrar e que oxalá poidamos e saibamos transmitir ás novas xeracións, arrequecido e mellorado, adaptado aos novos tempos e ás novas linguaxes, coma eles antes ca nós fixeron. A vida é un río que nos acariña e que nos continúa.
Nº 369
262