MANUEL MURGUÍA
249
?civilizado?, ?primitivo?, ?salvaxe?, etc. corresponden ó vocabulario usado por Murguía e polos seus contemporáneos, e non reflicten en absoluto as opinións do autor deste artigo. Se os manteño é para expresar máis fielmente o pensamento murguiano, por moi diferente que este sexa das certezas e das sensibilidades actuais. II. A IDEA DE RAZA Presente en case tódalas manifestacións do pensamento decimonónico, a idea de raza permeou durante máis dun século e medio unha boa parte das ciencias occidentais ?antropoloxía, medicina, psicoloxía, etnografía, dereito, historia, socioloxía, lingüística...? nun período histórico que estivo marcado polo sistema do capitalismo colonial, do cal ademais a idea de raza se constituíu nun importante elemento lexitimador que reivindicaba o seu status científico. A idea de raza penetrou en Galicia xa a comezos do século XIX, pero durante a primeira metade da centuria a súa presencia limitouse case exclusivamente ós escritos dos médicos e dos naturalistas. É na segunda metade do XIX cando o concepto de raza, así como as diferentes teorías a el vencelladas, se espalla por diferentes aspectos do pensamento e da producción erudita da Galicia decimonónica ?no discurso científico e no relixioso, no discurso histórico e no político, na literatura, etc.?. Neste sentido Manuel Murguía xogou un importante papel á hora da popularización en Galicia da idea de raza, especialmente no eido da historia e da etnografía, e mesmo no discurso político, nomeadamente na súa teorización da nación galega (Máiz, 1984). Ó facer isto Murguía estaba a seguir unha corrente ?racializadora? presente dende comezos de século na denominada ?historiografía romántica?, e especialmente a certos autores franceses, alemáns e británicos ?os irmáns Augustin e Amédée Thierry, historiadores ingleses como Carlyle e Macaulay, ou o alemán Herder? ós cales o escritor coruñés se refería a miúdo nas súas obras. Todos eles salientaban o elemento racial á hora de dar conta das peculiaridades de cada pobo e da súa historia ?por máis que con frecuencia a idea de raza que neles estaba presente pouco tiña que ver coas versións máis ?biolóxicas? propias de naturalistas e antropólogos?, sendo en troques sinónimo de ?pobo?