320
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
á súa biografía, así como un estudio sobre a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Primera época: 178418131821 (Santiago, Sociedad Económica de Amigos del País, 1986), unha introducción a Manuel Murguía, o Patriarca (Vigo, Banco del Noroeste, 1979), na serie H o mbres que hicieron Galicia, unha descrición de El traje gallego (La Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1985) e o estudio referente a Galicia no libro La antigua y la nueva Galicia. Caminos del m u n d o (Guadalajara, Jalisco, México, Cámara Nacional de Comercio de Guadalajara, 1992, 147 pp., con numerosas ilustracións), que escribiu en colaboración con José Rogelio Álvarez. A todos eles podemos engadir O Conto de Serafín. O Sant u a r i o d a F r a n q u e i r a (Vigo, Ir Indo [Contos do Castromil, 27], 1993). Por outra banda, publicou numerosos artigos e notas en revistas especializadas sobre os temas máis diversos, algúns deles aproveitados ou reproducidos nalgúns dos libros citados. Así, na revista Nós escribiu sobre o entroido nas terras do Sur de Cotobade (a. XII, nº 77, 1930, 8494), o folclore de ArmesesListanco (a. XIII, nº 96, 1931, 221227), o culto ós mortos (a. XIII, nº 87, 1931, 4246) e as lendas da Fonte Pormás (a. XIV, nº 108, 1932, 218221), e en 1970 fai a lembranza dunha xeración no Cincuentenario de Nós. Boletín mensual da cultura galega (19201970). Homenaxe da Real Academia Gallega (A Cruña, 1970, 3739). Nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos tratou o tema das mámoas do Saviñao, a anta de Abuíme e a necrópole do Monte da Morá (V, 1930, 6391, xuntamente con Cuevillas e Pura Lorenzana). Nos Cuadernos de Estudios Gallegos escribiu sobre escritos non coleccionados de Rosalía (II, fasc. 7, 1947, 477478), festas populares de Galicia: fiadeiros (IV, fasc. 14, 1949, 397427), o título do Bacharel Pedro de Vitoria, primeiro Catedrático do Estudio (VI, fasc. 19, 1951, 279282), as farsas de Carnaval en Touro (VI, fasc. 20, 1951, 431441), apuntamentos sobre mámoas lucenses (VIII, fasc. 24, 1953, 142146), Gumersindo Laverde y Ruiz, catedrático do Instituto de Lugo (XI, fasc. 35, 1956, 307312), a antiga Casa da Carnicería de Santiago (XV, fasc. 47, 1960, 349352), os castros da comarca lucense (XVII, fasc. 53, 1962, 307328), emprazamento de feiras en Galicia no século XVIII (XXIII, fasc. 70, 1968, 200223), o paso dos france
CuEG, 1956) e Los Colegiales de Fonseca (í d., anexo XII, 1958); estes dous volumes, que foron traducidos en O Colexio de Fonseca (Santiago, Consorcio de Santiago Instituto de Estudios Galegos ?Pe Sarmiento? Universidade, 1995), representan un estudio fundamental e detalladísimo deste colexiouniversidade fundado por Alonso III de Fonseca. Despois apareceron La Galicia insólita. Tradiciones Gallegas (La Coruña, Librigal, 1973; 2ª ed., Sada, Ediciós do Castro, 1990; 7ª ed., í d ., 1999), no que divulga a cultura popular: supersticións, a Santa Compaña, meigas e meigallos, os animais no folclore, festas e romarías, etc., así como Romarías e Santuarios (Vigo, Galaxia, 1988; reedición non venal feita por Diario 16Galicia, 1992), onde describe as romarías e santuarios principais das catro provincias. En Galicia máxica (Santiago de Compostela, Editorial Compostela [El Correo Gallego, Biblioteca 114, n. 49], 1991, 91 pp.) e Carnaval e outras festas (Santiago de Compostela, Editorial Compostela [El Correo Gallego, Biblioteca 114, n. 76], 1992, 94 pp.), recolle sete traballos publicados anteriormente; tamén en D o e n t r o i d o (Santiago, Museo do Pobo Galego [Serie Alicerces, 6], 1994) se fai unha traducción ó galego de tres traballos anteriores. Nestes libriños, o mesmo ca en A Festa popular en Galicia (Sada, Ediciós do Castro, 1995; 2ª ed., 1996) e en Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade (Trasalba, Publicacións da Fundación Otero Pedrayo, 1985), trata numerosos temas tan característicos da nosa tradición popular. Outros libriños onde recolle traballos anteriores son La Puerta Santa (Sada, Ediciós do Castro, 1993) e La Sociedad de ?Amigos da Arte? de Santiago de Compostela. Apuntes para su historia (A Coruña, Imprenta Moret, 1976, 61 pp.; antes publicado en Abrente). Por encargo da Academia, fixo unha antoloxía con introducción sobre Aquilino Iglesia Alvariño. Vida e obra. Escolma de text o s (A Coruña, Real Academia Gallega, 1986) e outra sobre Celso Emilio Ferreiro (A Coruña, Real Academia Galega, 1989). Ademais, é autor dunha guía sobre Santiago de Compostela (Madrid, Publicaciones Españolas, 1957; reeditada en 1959, 1976 e en Santiago, en edición bilingüe, polo Consorcio da Cidade de Compostela, en 1993) e outra sobre Lugo (Santiago, Bibliófilos Gallegos [Colección ?Obradoiro? XIII], 1974), onde amosa o coñecemento que tiña das dúas cidades tan vinculadas