278
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
? (1901): Historia de Galicia. Primer Tomo. 2ª edición. A Coruña. OLENDER, M. (1989): Les Langues du Paradise. Aryens et Sémites: une couple providentiel. Paris. Gallimard. PEREIRA GONZÁLEZ, F. (1996): Contribución á historia da arqueoloxía en Galicia: as opinións sobre a humanidade primitiva e a información arqueolóxica na Galicia do século XIX. Tese de Licenciatura inédita. Santiago. Universidade de Santiago de Compostela. ? (1998): O Emprego da Información Arqueolóxica en Galicia: 18001922. II Premio de Investigación. 1997 ?Xesús Ferro Couselo?. Concello de Valga. ? (1999): ?O Pensamento Antropolóxico na Galicia do século XIX: Problemas e Perspectivas? en Gallaecia nº 18. ? (no prelo): ?O pensamento antropolóxico de Manuel M. Murguía. Raza e Cultura? en Caderno de Estudos Galegos. POLIAKOV, L. (1971): Le Mythe Aryen. Paris. CalmannLévy. RODRIGUEZ CAMPOS, J. (1991): ?La Etnografía clásica de Galicia: ideas y proyectos? en PRAT, J., U. MARTÍNEZ, J. CONTRERAS e I. MORENO (eds.): Antropología de los Pueblos de España. Madrid. Taurus Ediciones; p. 99111. SAID, E. W. (1990): Orientalismo. Madrid. Libertarias [orixinal: Orientalism, 1978]. STOCKING, G. W. Jr. (1987): Victorian Anthropology. New York. Free Press. VELASCO SOUTO, C. F. (1998): ?Murguía historiador? en Volver a Murguía, Cadernos ?A Nosa Cultura? nº 19. Vigo. A Nosa Terra; p. 1823.
NOTAS
1 Acerca dos presupostos e da práctica do labor histórico de Murguía véxase Máiz (1997), Velasco Souto (1998) e sobre todo Mato Domínguez (1981). 2 Este traballo segue (e en parte complementa) outras investigacións realizadas verbo do pensamento arqueolóxico e antropolóxico na Galicia decimonónica (Pereira González, 1996, 1998 e 1999). Baséase especialmente nun estudio anterior centrado no pensamento antropolóxico de Murguía (Pereira González, no prelo). 3 Murguía non empregaba outros termos habituais na época, como o de ?raza caucasiana?; quizais para mellor salientala posición privilexiada dos arios (e non ter que facelos compartir a categoría superior con outras razas non desexadas ?por exemplo as semitas, a miúdo incluídas dentro do grupo caucasiano). 4 Tampouco se esforzaba en singularizar entre distintos grupos raciais (raza americana, africana, asiática ou malaia... nas categorías máis frecuentes da época) 5 Tal vez esa excepcionalidade que Murguía concedía ó pobo xudeu verbo da negatividade semita estivese debida a unha reacción do escritor coruñés ?de ideoloxía nidiamente liberal? contra a historiografía e o discurso político españois máis conservadores, que vían nos xudeus o inimigo por excelencia da Civilización Cristiá (e da católica España por extensión) e loaban a expulsión dos hebreos polos Reis Católicos. 6 A este respecto é interesante salientar que a pesar de falar dos conflictos producidos entre os celtas galegos e outros pobos (cartaxineses, romanos, godos, árabes, casteláns), e do esforzo dos primeiros por conservaren a súa liberdade e personalidade, Murguía non concibía a historia de Galicia en termos dun permanente conflicto racial. Eran os factores políticos, económicos e sociais os que explicaban o devir dos acontecementos, e non as ?antipatías? raciais. Ademais os celtas galaicos tanto podían simpatizar e unirse cos cartaxineses (semitas) para loitaren xuntos contra os romanos, como crear vencellos indestructibles de amizade e solidariedade cos seus antigos invasores romanos (cf. Murguía, 1865 e 1866). Tamén o reino suevo (xermanocelta) tiña como inimigos ós godos (outra raza xermánica). 7 Para unha opinión diferente véxase Máiz (1984 e 1997). 8 Murguía falaba da poboación galega actual como se fose toda ela descendente dos celtas ?quizais esquecendo que el mesmo observara individuos que amosaban os indicios físicos de razas nonceltas (incluso fenicios semitas)?. Pero nunca os considerou ?estraños? ó resto da poboación ou ?indesexables?. 9 Con todo, Murguía non seguía totalmente as teses de Retzius. Se este consideraba os monumentos megalíticos como obra das razas prearias, o escritor coruñés afirmaba teimudamente a orixe celtas dos mesmos (continuando así ata comezos do século XX unha longa tradición anticuarista; cf. Pereira González, 1998). Igualmente, namentres que o médico sueco establecía unha distinción antropolóxica radical entre as razas prearias braquicéfalas e os arios dolicocéfalos, Murguía optaba por ver na braquicefalia un trazo racial característico dos celtas galegos, e polo tanto da poboación galega actual (Murguía, 1901: 454, 459) e nisto seguía a certos antropólogos franceses (como Quatrefages) que atribuían un cranio braquicéfalo ós primeiros arios (Poliakov, 1971). 10 Sobre ela véxase Bunzl (1996).