MANUEL MURGUÍA
247
sobre todo, a súa ampla obra, estiveron cinguidas arredor dun proxecto ideolóxico e político ben preciso: a definición e a reivindicación da personalidade propia de Galicia e dos dereitos que dela derivaban. É por iso polo que participou na fundación do primeiro movemento rexionalista galego, polo que se converteu no primeiro teorizador da nación galega, ou polo que se esforzou na creación dunha Academia Galega. E foi por iso polo que desenvolveu unha longa producción intelectual, dende La primera luz (1852) e o D i c c i o n a r i o d e Escritores Gallegos (1862) ata Don Diego Gelmíre z (1898) ou La poesía gallega en el siglo XVII (1910), e, sobre todo, os cinco tomos da Historia de Galicia e os dous volumes de Galicia (1888) sen esquecermos unha enorme cantidade de artigos ou conferencias sempre centrados en Galicia. Toda esta obra estaba dedicada a ese obxectivo da súa vida. É a través dela que pretendía demostrala singularidade do país galego ?presente na súa historia, na súa arte e literatura, na súa composición étnica e na súa maneira de pensar e de actuar? e demandalos seus dereitos como nacionalidade de seu. Por iso o seu labor como historiador, como folklorista ou como publicista, é inseparable do seu compromiso ideolóxico ?ata tal punto que aquel non se pode entender sen facer referencia a este. Porque é o segundo o que establecía os límites do primeiro; límites que eran, á vez, metodolóxicos e epistemolóxicos. Aínda a risco de esaxerar un pouco ?e gardando tódalas distancias debidas coa definición clásica de ?paradigma? fornecida por Thomas Khun, mais empregando esta dun xeito metafórico? poderíase dicir que hai un ?paradigma galeguista? presente en toda a producción intelectual de Manuel Murguía; nomeadamente no eido histórico1 e, no que aquí máis nos interesa, no eido antropolóxico. Era ese ?paradigma galeguista? ?centrado na demostración da existencia dun ?feito diferencial galego?, esencial polo demais á hora das súas reivindicacións políticas? o que determinaba os seus intereses, os seus obxectos de estudio, os presupostos básicos que guiaban a investigación, os métodos e as disciplinas empregados e, por suposto, a propia interpretación dos feitos por el estudiados. Como outros ?paradigmas?, o de Murguía (que polo demais non era algo orixinal e privativo seu, senón que estaba presente tamén noutros autores galegos contemporáneos seus, especialmente aqueles que tiñan unha ideoloxía semellante á del) manifestábase basicamente porque