Alocucións académicas sobre Xosé María Álvarez Blázquez no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nanse moitas cousas. Como nos grandes prismas, ou mellor: como nos grandes poliedros, a luz reflicte en variadas caras que, aínda que distintas e situadas en diferentes ángulos de visión, configuran un conxunto equilibrado, homoxéneo, extraordinariamente ricaz. Seguramente ningunha se entende nin se explica sen as outras. Xosé María Álvarez Blázquez non é só unha figura sobranceira das nosas letras, cunha obra poética excelente, se cadra non abondosa, pero intensa, e cunha intelixencia especial para a crítica e a organización da nosa memoria literaria; Xosé María Álvarez Blázquez, a quen hoxe lembramos, é un capítulo da nosa historia contemporánea, da historia contemporánea da nosa cultura e da historia do galeguismo do noso tempo, membro do grupo de precursores, resistentes e esperanzados predicadores do Novo Rexurdimento (o terceiro rexurdimento) que se produce a partir de 1978. Todos somos fillos deles, consecuencia deles, resultado deles. Non é cousa de dar conta en tan pouco tempo do inxente labor de Xosé María Álvarez Blázquez como editor, como empaquetador de soños e coñecemento. A guerra civil abriu unha tráxica fenda na cultura e na edición galega. O asasinato en Compostela de Ánxel Casal, creador da Editorial Nós (19271936), tronzou un proceso que viña medrando dende as Irmandades da Fala (1916) cara á construción do que é fundamental para calquera cultura: a dispoñibilidade de estruturas de produción, difusión e comercialización das súas formas de expresión, neste caso a expresión literaria: o libro. Neste eido, coma en tantos outros, houbo que empezar practicamente de cero. Na fotografía da asemblea fundacional de Editorial Galaxia no hotel Compostela de Santiago (xullo de 1950), están os irmáns Álvarez Blázquez, Emilio e Xosé María, marcados (eles tamén) polo asasinato do seu pai en Tui, o médico Darío Álvarez Limeses. Un par de anos antes (1948), Xosé María, xunto co seu amigo Luis Viñas Cortegoso, botara a andar a librería anticuaria á que fixemos referencia, e na que nacerán as Edicións Monterrey. De feito, o primeiro libro da nova editora é do nadal dese ano 1950, algúns meses antes da aparición do primeiro libro de Galaxia (Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, 1951). Trátase de Roseira do teu mencer, poemario que Xosé María Álvarez Blázquez dedica á súa filla Colorín, que acababa de nacer. Imprimíronse 125 exemplares daquel texto primeiro, cincuenta de carácter venal. Edicións Monterrey é a primeira empresa ambiciosa de Xosé María Álvarez Blázquez, na compaña como dixemos de Luís Viñas Cortegoso. O seu nome evoca a vella vila ourensá, a acrópole dos Zúñiga, onde por primeira vez aparece a imprenta en Galicia en 1485. Ao longo da década dos 50, os títulos de Monterrey, ollados agora coa perspectiva do tempo, configuran un catálogo de extraordinario interese, tanto en galego como en castelán. Nalgúns casos son auténticas descubertas. Refírome á Égloga de Belmiro e Benigno (1951), autógrafo atribuído ao escritor romántico Nicomedes Pastor Díaz; o Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, de Gabriel Feixoo de Araúxo, primeira composición
259 Nº 369