MANUEL MURGUÍA
parou o seu artigo sobre o entroido (publicado en 1930). Tamén foi bibliotecario da institución, dedicouse a facer fichas da bibliografía galega existente e participou na formación do Museo Etnográfico do S e m i n a r i o e na recollida de materiais para o mesmo. Unha vez rematada a carreira e os traballos encomendados no S e m i n a r i o, foi para a aldea e inclusive pensou en emigrar á América, pero pola intervención de Sebastián González concedéronlle unha axudantía no Instituto e tamén comezou en 1929 a súa actividade como profesor auxiliar na Facultade de Xeografía e Historia, que durou ata 1933 e que alternaba con clases na Academia Xelmírez. En 1933 foi facer uns cursiños a Madrid e conseguiu a praza de profesor de Xeografía e Historia no Instituto elemental da Estrada (Pontevedra), cátedra que puido ocupar ata 1936. Na Estrada seguiu a traballar na recollida de materiais etnográficos e na catalogación de castros. Xa en 1936 participou con Castelao, Otero Pedrayo e outros nos mitins do Partido Galeguista a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia, pero ó comezala guerra civil viñeron as represalias e foi expulsado da cátedra de instituto pola súa condición de demócrata e galeguista e por ser considerado comunista. El mesmo deixou dito que foi castigado por unha calumnia, pois nin Castelao nin el eran comunistas. En declaracións feitas pouco antes de morrer dicía cun humor característico da súa personalidade: ?Dixeron que era comunista e moi perigoso ... pero agora aínda son máis perigoso porque ando de bastón?. Debido á perda do traballo, tivo que vivir dando clases particulares e, rematada a guerra, non o deixaron reincorporarse á súa cátedra nin conseguiu na década dos corenta gañar praza en ningunha das oposicións ás que se presentou, pois daquela tíñase en conta a traxectoria política e para el a súa non era favorable nunha época de dictadura sanguinaria e intolerante na que era considerado un comunista perigoso. De aí que de 1940 a 1950 exercese o ensino privado na Academia Menéndez y Pelayo de Santiago, que el fundou xuntamente con outro profesor, se ben tamén é certo que entre 1943 e 1950 estivo de profesor interino na Facultade de Xeografía e Historia e puido intervir nos Cursos de Verán para estranxeiros na Universidade. Desaparecido o Seminario de Estudos Galeg o s polas represalias franquistas, creouse como o
317
seu continuador en 1944, despois dalgunhas dúbidas e reticencias dos antigos membros que quedaran en Galicia, o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, do que foi nomeado bibliotecario e do que tamén chegou a ser secretario. Fraguas seguiu realizando traballos de investigación e en 1950 presentou a súa tese de doutoramento en Madrid sobre o Colexio de Fonseca. Neste mesmo ano, por fin, conseguiu gañala cátedra de Xeografía e Historia no Instituto de Lugo, do que foi secretario e xefe de estudios, e alí permaneceu ata 1959, alternando o ensino coa investigación e colaborando no Museo Provincial de Lugo e no Museo de Arte Sacra da Diocese. Aínda que en Lugo estaba moi contento, atraíao máis a cidade onde estudiara, e en 1959 pediu o traslado para o Instituto Rosalía de Castro de Santiago, onde exerceu a docencia e foi xefe de estudios ata a súa xubilación en 1975. Fraguas sempre foi un home bo e xeneroso, dunha enorme modestia e humildade, ameno e habilidoso conversador, amigo de todos, cun grande sentido do humor e sempre disposto a axudar a quen solicitase a súa axuda ou a necesitase, un home de grande sabiduría e tolerancia que soubo impartilo seu maxisterio e dar a coñecelos seus profundos coñecementos na cátedra e fóra dela. El non renunciou nunca ás súas orixes e considerábase un home da aldea, unha persoa que sentía orgullo por proceder dun lugar onde se conservaba a lingua e as tradicións ancestrais e que tratou de trasmitirlles ós seus alumnos o amor pola terra, aplicando ó mesmo tempo as teorías da Institución Libre de Ensinanza. Como declarou algunha vez, quería que os alumnos soubesen os mares verdes da Terra Chá; que o centeo, que para eles só era pan, formaba parte da economía galega; queríalles dar un modelo de moral, un sentimento galeguista, que se convertesen en homes sen chata. Por iso era moi querido polos seus alumnos e tódolos que pasaron polas súas clases gardan del unha lembranza totalmente positiva e inmorrecedoira. Ese amor pola aldea e polo mundo campesiño levouno a estudiar insistentemente e con mestría a cultura popular, as tradicións galegas, a pegada que nos deixaron os nosos devanceiros; a recoller materiais de todo aquilo que se conservou en Galicia ó longo dos séculos e que foi desaparecendo nas últimas décadas deste presen