TRES CARTAS DO DESTERRO 79
dado do Mestre de Galilea: "Mirade o que ouvides"... Os seus
dibuxos con p? chegaban a cot?o ? xente; entraban por olios i
ouvidos. Nas casas dos probes, dos escuros, dos que padec?an
fame de pan, fame de xusticia e fame de luz, non hab?a cadros
nin fotos, pro adoitaba a estar pegada ou cravada con tacholas
na parede ?"un berro na parede"? unha caricatura de Cas
telao recortada do xornal. E o seu nome era por iso sabido i
amado en toda Galiza.
? Veleiqu? un feito inxel e puro que dende fai c?seque corenta
anos bule tremecente na lembranza do cronista.
No auto do Edmundo N?voa (uruguaiogalego que agora dis
froita en Montevideo unha vizosa ancianidade, non vellice), auto
que ti?a sido do Arcebispo de Compostela, viaxamos un d?a Ed
' mundo, 'Castelao e o narrador. Salmos de Vilagarc?a no abrente
dun d?a de vran. Percorrimos estradas que arrodean aquela re
gal?a dos ollos que ? a r?o d'Arousa, alcoube de enxe?os. Xa con
sol no ceo, rubimos Moimenta, encosta do Barbanza; pasamos
? beira da parroquia de Fru?me, de sona e louba por gracia do
estro dos dous Castro, poetas, que foron seus abades. Cruzada
Noia ?"do buenos nav?os se suelen labrar"? por riba dos vinte
arcos da ponte Nafonso ("Adi?s ti, ponte Nafonso; / non sei quen
te acabar?; / vinte anos me levache, / fror da mi?a moced?",
grab?u no vento a cantiga) entramos en terra muradana ("de
gente que armando bollicios e guerra / se muestra bien diestra
e ardid en la mar", rim?u o licenciado Molina). Vimos Outes,
berce de A??n, do?do precursor... Dende Muros, pola beiramar,
chegamos ,deica Carnota, ande, ?s nave, botamos os prime?ros
sermos. E n'O Pindo ?enganosa resoancia grega? ? p? da s?a
rara penedia de discutida interpretaci?n, e dediante as escumas
da fervenza do Xallas, tarn?n predicamos.
Poi en Lira, po?tico nome pra un home l?do, paisaxe moi
COmposto pr? kodak dun turista, terra e mar de suor pr?s
peixeiros de dorna que nun d?a de fadiga acadan a xuntar un
queipo pequeno de langosta, dous cativos carabelos de percebes
e, se pinta ben, un copo de sardi?a... Lira ? unha parroquia
campes?a e maririeira, estreita fita de leiras debruzadas entre o
monte e o m?nimo areal veci?o da punta Mi?arzos e do illeiro
das Arroci?as. Agard?banos ah? moitedume de labregos e mari
fleiros, a maior?a xente moza. No ar estour?u unha ducia de