MANUEL MURGUÍA
155
Pero non deixa de ser curioso que Murguía privilexie o poema de Os eoas por enriba, incluso de Queixumes dos pinos. Unha vez publicado este, no discurso, Murguía indica que os Q u e i x u m e s son coma faíscas de fogo que anunciaban a tarefa que estaba empeñando en Os Eoas, e tamén que esta era a obra que pensaba deixar ó seu país e á posteridade. É coma se Murguía e Pondal estivesen convencidos de que a obra poética que necesitaba a literatura galega debía estar na liña do gran poema renacentista lusitano de Camôes, pero tamén, por exemplo, na do Verdaguer de La Atlántida ou de C a n i g ó. A gran tarefa poética de Pondal era, ó entender de Murguía, Os Eoas. Murguía foi o primeiro en agardar (como sabemos, o proxecto de editalo libro non se realiza ata os días de hoxe) a saída da que consideraba a obra mestra do seu amigo. Hai que lelas opinións de Murguía sobre Os Eoas para despexar tantas opinións lixeiras que ás veces escoitamos sobre por qué escribe Pondal este poema ?español? (a definición é como vimos de Murguía) en galego:
Este libro lo escribe Pondal en gallego. ¿Por qué? No hay una completa disparidad en celebrar aquellos memorables hechos en una lengua que nos es la nacional? No, en verdad. Puesto que el poeta emprendió este trabajo ageno por completo al espíritu que anima sus demás obras, permitidle que en cambio haga a su país el honor de escribirlo en la lengua que le es propia. Es una manera delicada de probar que nuestro provincialismo no es tan estrecho como se dice, y que, amando mucho nuestra tierra, no entendemos por eso que haya de negarse a los demás el agua y la sal16.
Como podemos comprobar, Murguía non só se erixe no mellor coñecedor da poesía de Eduardo Pondal senón que segue a ser ata a lectura de Ricardo Carballo Calero na Historia de literatura galega contemporánea, un dos seus mellores críticos, deseñando as liñas mestras do que foron posteriores interpretacións de Pondal, e dándonos unha idea dun Pondal menos heroico e moito máis humano. Quizais, neste matiz, a crítica posterior foi a contracorrente das ideas de Murguía. Afondar no diálogo literario entre as obras de Manuel Murguía e a súa muller Rosalía de Castro sería motivo dun longo traballo, un deses ensaios que a crítica actual lle segue a deber ó coñecemento da nosa literatura. O certo é que, aínda hoxe, a nosa crítica semella andar moi despistada cando se trata de establecer diferencias e afinidades entre as obras respectivas de dous enormes