MANUEL MURGUÍA
175
países do norte, en función do prestixio de que gozaban; e o mesmo sostén Uxío Carré Aldao na súa Literatura gallega (1913). Actuaba a oposición romántica que enfrontaba o espírito meridional (pagán) ó nórdico (cristián), por unha banda, e por outra o auxe do celtismo, corrente dentro da cal se situaban estes autores ?do norte?. O predominio do sentimento na literatura galega e da imaxinación na castelá é, para Murguía, o trazo diferencial máis importante entre ambas: ?La imaginación predomina en la poesía castellana; aquí el sentimiento? (?Discurso preliminar?). Outras oposicións menores manifestadas na ?Advertencia? son as diverxencias na métrica: ?¡Estéril el país que encierra el germen de una escuela poética distinta de la que domina la península, y en donde hasta la combinacion métrica popular, difiere de la castellana, tanto como el idioma!?, e a diferenciación baseada no tipo de ?gracia? propia de cada literatura: ?Hasta nuestra gracia difiere de la meridional, y lejos de ser fina, punzante, delicada, es pesada y plebeya, si se nos permite decirlo, pero franca, gracia galois, que estalla en grandes risas...?. FUNCIÓNS DO POETA DE GALICIA: Por último, refírese Murguía ás funcións que debería cumprilo poeta. Este estaría obrigado a comprometerse coa súa patria e defendela dos ataques contra ela dirixidos; axudar a crear unha nova Galicia e poñerse ó servicio do renacemento do seu pobo. Por iso afirma, na entrada correspondente a Cernadas y Castro, primeiro cura de Fruíme, que este actuaba levado polo amor patrio ?el primero que debe animar todo corazón de poeta?, e que se entregou a ?devolver los dichos y chanzonetas con que los extraños se burlaban de Galicia y sus naturales?, engadindo máis adiante: ?... el poeta se debe enteramente a su patria y a su tiempo, máxime cuando su patria vive ultrajada y son los tiempos contrarios a la justicia?. Todo o que acabamos de ver demostra a importante función que esta obra ía desempeñar no sistema da época. Como xa dixemos, a elaboración da historia literaria de Galicia forma parte dun proxecto global de rexeneración que afectaría ó país no seu conxunto, tal e como podemos comprobar no nº 765 de El Miño (14 de agosto de 1864), onde se dá conta, entre outras noticias, da obra