70
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
FINAL Los pre c u r s o re s acolle a vida e os infortunios de dez personalidades coas que se relacionou intensamente, polo menos nalgún momento, Murguía, razón pola cal no libro non escasean as páxinas autobiográficas. No prólogo o autor define Los pre c u r s o re s como un libro de lembranzas (?recuerdos?) e como o libro máis ?personal? de cantos escribiu (15). É tamén un libro atravesado polo fío dos infortunios, tantos que Carballo Calero chegou a afirmar: ?semella un martiroloxio?28. O propio Carballo precisa: ?Antre as figuras de fracasados ou malogrados que enchen as páxinas do libro, Pondal, que non foi probe, nen enano, nen amargurado... nen tolo 29 destácase como unha figura san, lanzal e lumiosa en medio de tanta miseria, tanto desengano...?. Dez son os protagonistas do libro, e é lícito sospeitar que Los pre c u r s o re s algo ten de decálogo, un decálogo que compendia unha boa parte das actividades importantes da época: a política (Faraldo), as Letras (Aguirre, Pondal, Rosalía e Vicetto), a milicia (Sánchez Deus), a pintura (Antonio Cendón e Serafín Avendaño) e o sacerdocio (Moreno Astray). Faltaba a música, momento en que recupera un vello artigo e ofrécenos o perfil artístico dun ignoto músico ventureiro e descoñecido. Murguía, en efecto, está a facer ?suxira o que suxira o título? un libro moi persoal, escrito, tal como el aclara, e x a b u n d a n t i a c o rd i s. É tan persoal que xa na primeira páxina do prólogo fala das ?malas voluntades que en la hora propicia me hicieron blanco de su interminable rencor?; tamén fala de agravios e inxurias, vagas acusacións que reitera, quizais con exceso, noutras obras e en moitos outros momentos. Sobre estes ataques declara, xa nesa primeira páxina, que os que máis lle doeron foron os que se dirixían, dun xeito ou doutro, a unha persoa moi próxima: ?Si algo siento es que las flechas con que se quiso herirme, perdiendo su verdadera dirección, han ido más de una vez a clavarse en el corazón que más amo?. Trátase, sen dúbida ningunha, de Rosalía de Castro. Unha vez máis, non se explicitan os autores nin a clase dos ataques. Manuel Murguía debe ser reexaminado, non só porque fose, durante décadas, o Patriarca (por idade, por obra e por precursor) senón porque, ós 75