MANUEL MURGUÍA
129
tardío en Galicia. Incorpora, ademais, outras tradicións (reaccionarias maiormente, por absolutistas, clericalistas, tradicionalistas e antidemocráticas) que puxeron especial empeño (como os poderes aquí predominantes) en que se esquecera o til progresista e democrático do precedente. De aí a importancia biográfica, histórica e política, que sempre lle concedemos a esta recuperación inaprazable da memoria atlántica, políglota, progresista e democrática dos creadores do galeguismo contemporáneo. Dos que operaron na Galicia territorial, nas distintas Galicias emigrantes, ou naquel Madrid (cidade de provincias). Murguía só particulariza o caso destes últimos. Como ninguén morre coas fames dos outros, o periodismo galeguista do noso personaxe xurdirá empapado nese drama e nese ambiente; pero enténdese mellor cando se coñecen os efectos desde a outra perspectiva ?lúdica e comercial, política e progresista? do excelentísimo periodismo que fixeron en Madrid (en Galicia e nas Américas) aqueles atlánticos galegos, chegados do desterro tantas veces. É nese contexto como mellor se entende a función intelectual vitalizadora que cumprirá ?a través dos progresistas e demócratas de Vigo? o quinteto que conforman os Murguía e Cía. LA OLIVA E EL MIÑO O bienio progresista (18541856) reproduciu unha experiencia chea de analoxías co trienio esparterista (18401843). Cando xa se prevía o desenlace final, os progresistas de Vigo sentiron a necesidade política de crear un voceiro informativo partidario. Atanasio Fontano e José Ramón Fernández (Carballo), dúas lendas do progresismo galego, pagaron a experiencia. Os editores querían exercela defensa da súa traxectoria, ante a escalada política de O'Donnell e a Unión Liberal (en España e, particularmente, na provincia de Pontevedra). Alejandro Chao, que era cuñado de José Ramón Fernández, fíxose cargo da dirección informativa, pero asegurando a colaboración dos amigos do quinteto madrileño que el mesmo conformara. A experiencia familiar e amigable rematará en histórica. La Oliva (Ano I, núm. 1, 2II1856), ademais dun periódico político e partidario, era unha pequena empresa editora familiar, informativa e publicitaria. Chamaba a atención. En Galicia e Madrid. A man de Juan Compañel (n. en San