Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
avance no proceso de consolidación dese incipiente sistema e da lingua e da cultura de Galicia. Antón Figueroa (1988), ao sinalar as condicións en que a diglosia afecta ao texto literario, sinalaba algunhas características que ben poden ser vinculadas á evolución da nosa narrativa nesa época e á resolución das tensións que estamos a mencionar. O desprazamento do sentido carnavalesco do texto: no que se refire a unha situación de diglosia onde hai unha lingua A oficial e oficializada, dende o punto de vista do ámbito sociocultural desta lingua A, a lingua B poderíase definir en termos moi xerais coma un carnaval de A, desde onde é imaxinada como contraposición máis ou menos festiva. As propostas narrativas que xorden a partir da N.N.G. tenden a corrixir este desprazamento do sentido carnavalesco do texto. Como tenden a corrixir o desprazamento do sentido lúdico, outras das condicións enumeradas polo teórico compostelán. Ou a tendencia ao monoloxismo ou ao épico. Ou o recurso a outros espazos e a outros tempos. Ou a actitude de recluír o problema lingüístico e a propia lingua a un terreo do típico, do decorativo, do marxinal. Ou a insistencia no ruralismo, etc., etc. Cabe ver, como resultará evidente, moitas destas características enunciadas por Figueroa entre as peculiaridades do Realismo Máxico. Digamos, como conclusión, que XMAB se moveu ao longo de toda a súa existencia no mesmo centro dos conflitos culturais e estéticos da nosa tradición contemporánea, da que foi un protagonista activo. A súa obra narrativa desvela estas tensións: tanto as que atinxen á definición da nosa literatura nacional como aqueloutras que tentan esclarecer o punto xusto de mesturas que, idealmente, e nun momento dado, debe ter esa literatura para ser universal sen deixar de ser galega, para estar viva sen deixar por iso de apelar ao seu propio pasado.
BIBLIOGRAFÍA
Bajtin, Mijail (1989): Teoría y estética de la novela. Madrid: Taurus. Bakhtin, Mikhail (1995): Marxismo e Filosofia da Linguagem. São Paulo: Hucitec. Bakhtin, Mikhail (1997): Estética da Criação Verbal. São Paulo: Martins Fontes. Barthes, Roland (1987 [1968]): ?La muerte del autor?, in R. Barthes, El susurro del lenguaje (p. 6). Barcelona: Paidós. Boschetti, Anna (2003): La rivoluzione simbolica di Pierre Bourdieu. Venezia: Marsilio. Bourdieu, Pierre (2004): O campo literario. Santiago de Compostela: Laiovento. Burke, Sean ([1992] 1998): The Death and Return of the Author. Criticism and Subjectivity in Barthes, Foucault and Derrida. Edinburgh: Edinburgh University Press. Carballo Calero, Ricardo (1982, datado en 1956): ?Kafka, Faulkner e outros kas?, in R. Carballo Calero: Libros e autores galegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
123
Nº 369